A CASA DO AMO

A CASA DO AMO

UNHA ANÁLISE DO DISCURSO COLONIAL E RACISTA NA LITERATURA GALEGA

REIMÓNDEZ, MARÍA / LUNA ALONSO, ANA / ÁLVAREZ LUGRÍS, ALBERTO

9,99 €
IVA incluido
Unavailable
Publishing house :
RBA LIBROS
Year of edition:
2024
ISBN:
978-84-1110-488-3
Binding :
Otros
9,99 €
IVA incluido
Unavailable
To add favorites

A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racistas, ás «ferramentas do amo».
Galicia en xeral e a literatura galega en particular ocupan un interesante lugar gonzo, dado que por unha banda se sitúan nunha posición non hexemónica a certos niveis, mais non deixan de ser unha nación e un sistema literario formulados dende as bases da branquitude e a continuidade colonial.
É tempo de analizar a nosa casa coma a casa do amo e revisar as nosas complicidades coloniais. Este volume ofrece unha panorámica sobre as teorías decoloniais e antirracistas que se usan aquí para deitar unha ollada crítica a diversos textos que, lonxe de pretender constituírse en catálogo, buscan interpelarnos para transformar os alicerces da casa de xeito que absolutamente todas as persoas teñamos acubillo nela.

Artículos relacionados

  • HEARTSTOPPER 5
    OSEMAN, ALICE
    O Nick e o Charlie están namorados. Por fin dixeron esa pequena palabra: «quérote», e o Charlie xa case convenceu a súa nai para que o deixe durmir na casa do Nick. Quere levar a súa relación un pasiño máis alá... mais será quen de encontrar a confianza que precisa? E agora que o Nick vai marchar á universidade o ano que vén... estará todo a piques de mudar? Este é o quinto vol...
    Unavailable

    15,95 €

  • EQUILIBRIO E CONTROL POSTURAL NA INFAN
    Disponible en 48/72h

    10,00 €

  • (G).SER HUMANOS.(ENSAIO)
    CASAL VILARIÑO, PILAR
    Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2024. A estendida idea de que a intelixencia artificial e a máquina van conquistar o mundo, lévanos aos seres humanos a unha posición de derrota. O medo fainos pensar que temos que funcionar como máquinas, desenvolver capacidades maquinais. Por que non adoptar unha postura máis activa e valente: a de ser máis humanos? O obxectivo deste ensaio é ab...
    Disponible en 48/72h

    23,60 €

  • SEMPRE EN GALIZA. ESCOLMA POSIBLE
    CASTELAO
    O volume que aquí se presenta é un eco da Escolma posible realizada por Marino Dónega e publicada por Galaxia en 1964, ano en que a RAG dedicou o Día das Letras Galegas a Castelao, mais a que agora se publica incide no pensamento político do rianxeiro, que na primeira aparecía de xeito minguado e parcial, non seguindo o criterio do antólogo nin da editorial, debido ás limitació...
    Disponible en 48/72h

    22,00 €

  • O QUE ESTOU A DICIR CANDO DIGO «ALTRI NON».
    CEA,XOSÉ DE
    Dende que se soubo que a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia escolleran o concello de Palas de Rei para construír a fábrica de celulosa soluble máis grande de Europa, miles de persoas rebeláronse contra un proxecto que ameaza non só a comarca da Ulloa, senón o conxunto da nosa terra. Especialistas de diversas disciplinas científicas están a advertir sobre os efe...
    Unavailable

    14,94 €

  • BREVÍSIMA HISTORIA DO CONFLITO ENTRE ISRAEL E PALESTINA
    PAPPÉ, ILAN
    Pappé expón en Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina as raíces coloniais do enfrontamento, desmontando mitos sobre a súa suposta complexidade. Explica como o sionismo, con apoio occidental, desprazou e oprimiu o pobo palestino, convertendo o conflito nunha loita desigual. Destaca a Nakba de 1948, a ocupación de 1967 e as circunstancias actuais en Gaza e Cisxor...
    Disponible en 48/72h

    16,90 €

Other books of the author

  • UNHA VOZ, MOITAS VOCES. XELA ARIAS TRADUTORA
    REIMÓNDEZ, MARÍA / LUNA ALONSO, ANA / ÁLVAREZ LUGRÍS, ALBERTO
    Como tradutora, Xela Arias é unha voz e moitas voces. Non só porque usase a súa escrita para facer falar a outras, senón porque do seu traballo tradutor tamén se desprende unha ampla polifonía. Neste sentido, a súa obra dá testemuño do longo camiño que percorremos colectivamente no pensamento e na práctica da tradución en Galicia. Estudar a obra de Arias de xeito atento, diver...
    Disponible en 48/72h

    18,50 €