AHLBERG, ALLAN
No escuro, escurísimo soto dunha escura, escurísima casa,
un esqueleto pequeno está a ler un cómic.
Nunha escura, escurísima rúa dunha escura, escurísima cidade,
un esqueleto grande está a pasear o can.
Así comeza Noite de golpes, outra nova e trepidante aventura, chea de humor e tropezos, protagonizada polos esqueletos máis divertidos creados por Allan e Jane Ahlberg. Nela, o esqueleto grande e o esqueleto pequeno non poden parar de chocar unha vez e outra. Por sorte, o Dr. Ósos está atento para resolver cada situación, aínda que a súa paciencia ten un límite
Un álbum ideal para ler pola noite cunha portada cuxos personaxes brillan na escuridade.