CARLE, ERIC
Os animais tamén teñen mamás Claro que si! Coma ti e coma min! Unha pequena cría de canguro que viaxa na bolsa da súa nai, uns leonciños que xogan coa leoa ou un cachorro de raposo que se refuxia no tobo cos seus irmáns son só algúns dos protagonistas deste clásico contemporáneo de Eric Carle, que celebra con tenrura o vínculo entre nais e crías. O autor propón neste libro acartonado un sinxelo e divertido xogo de preguntas e respostas que convida a grandes e pequenos a ler xuntos en voz alta. A repetición de estruturas e frases clave facilita a participación dos prelectores, que poden anticipar as respostas ao tempo que descobren diferentes especies do reino animal e as súas crías.