AMEIXEIRAS, DIEGO
Cibrao traballaba de porteiro nunha discoteca, pero o local pechou e agora vaga cada noite pola cidade, atrapado nunha espiral de pensamentos destrutivos. O encontro casual cunha misteriosa muller incrementará esa sensación de irrealidade.
Pasan a noite xuntos, pero advirte algo estraño na súa actitude, coma se notase o alento de alguén que a está perseguindo. Quizais iso explique que unha parella de falsos policías leve días investigando o paradoiro da rapaza e que un Cibrao cada vez máis confundido se vexa arrastrado pola necesidade de entender que agochaba detrás dese comportamento.
Mentres se refuxia no Harvest, bar que rexenta o seu amigo Kodran, atopa unha pista nunha mochila cargada de billetes de dubidosa procedencia. A noticia dun incendio na portada dos xornais demostrará que eses cartos son só a antesala dunha serie de acontecementos terribles.
Diego Ameixeiras e Fran Bueno constrúen un universo onde a tensión non dá tregua, cheo de personaxes que cargan con feridas que non se ven pero sangran sen parar. Unha historia que mestura a intensidade do thriller coa profundidade emocional dunha crónica humana.