NOIA, ADRIÁN
O presente volume percorre a singular traxectoria do grupo de teatro compostelán Vai no dentista, que naceu en 1995 nas aulas do Instituto Arcebispo Xelmírez I. Ilustrado con oitenta documentos e fotografías, trázase nestas páxinas un percorrido visual, e vital, a través das obras creadas e representadas, das persoas participantes, e inclúese un divertido anecdotario.
A carón da historia do grupo é imprescindíbel reivindicar o impagábel labor que, nestes trinta anos, Vai no dentista foi desenvolvendo na potenciación das capacidades expresivas do alumnado, no traballo en grupo e na defensa da lingua. Nuns mozos e mozas que xamais esquecerán a súa experiencia sobre os escenarios.