PAULA RODRIGUEZ / ANA MANZANO / JOSE RODRIGUEZ
Imaxina unha universidade na que cada clase se transforma nun xogo envolvente, onde os estudantes se converten en exploradores de novos coñecementos e os retos académicos adquiren a emoción dunha aventura épica. Este libro traza ese camiño, partindo da urxente necesidade de innovar no ensino superior e guiando ao lector polos cimentos teóricos da gamificación e do aprendizaxe baseado en xogos: desde o estado de flow e os perfís de xogador ata os principios de Game Thinking e os modelos MDA, OCTALYSIS ou as achegas críticas que cuestionan os seus límites.