ORTEGA,NATACHA
«Paxaros» é un poema-canción protagonizado por nenas e nenos
	que converten prazas, parques e arboredas en espazos lúdicos
	de liberdade e creatividade: fogar e xogo como punto de encontro,
	sen máis infraestrutura que a súa propia imaxinación.
	Interesada na idea de construír cidadanía a partir da poesía,
	Natacha Ortega creou esta obra como parte dunha intervención
	urbana -dentro do proxecto infantil Gato Peludo- baseada
	en habitar os lugares comúns. Á sinxeleza do texto, un canto
	aos soños da infancia, as ilustracións de Lucía Franco
	redundan no minimalismo gráfico: son imaxes que destacan
	pola súa naturalidade, unha reducida paleta cromática de vermellos
	e azuis, con personaxes caracterizados con ás e picos.